Planeta Blogomillo

A botica da expresión

Filoloxía avanzada para puristas

Filoloxía pura e dura, leccións de coñecemento do noso gran presidente, Alberto Nuñez Feijóo. Segundo este grande estudoso da cultura e língua galega, os partidos que deixaron o poder do goberno da Xunta de Galiza, agora tentan “revolver” ás rúas e vilas na procura da imposición. Como o PSdG-PSOE e o BNG perderon nas urnas, agora segundo o actual presidente da Xunta, queren forzar as súas ideas impositoras; pero o que non cita este erudito é que a suma da oposición ten máis votos que a lista máis votada, o Partido Popular; paradoxas da democracia participativa.

Non é cuestión de politizar a língua máis do que xa a politizou a dereita, e o populismo de UPyD, renovando cada semana o debate insulso e a polémica estéril da defensa da língua e do extermino case programado nesta lexislatura.

Non hai unas políticas e outras cara o galego. Se existe unha lexislación relativa que protexe a permanencia desta língua e accións que promoven o seu uso, non hai que romper o consenso. Lóxicamente isto non é o que pensa Alberto, e menos o que pensa parte do Partido Popular. Se hai unha lei, podemola derogar; se non existe, pois a creamos e para máis demagoxia, facemos unha consulta aos país… un referendo amparado pola manga da súa chaqueta, claro.

Relacionar o empobrecemento lingüístico, termo innovador na súa retórica, coa língua galega é cando menos tendencioso. Pois non podemos olvidar que o actual decreto, próximamente derogado, instaba ao goberno a favorecer o uso do galego nas aulas cun 50% das materias en cada língua oficial. A pesares diso, moitos rapaces e rapazas teñen o 90% das súas materias en castelán ¿e isto non é empobrecemento?

Nunca se viu ata agora un rapaz que non soubera falar castelán, pero xa hai casos de “incompetentes” lingüísticos en galego, e o problema só crece. Hai que garantir o dereito a estudar en galego, como língua, non como vestixio histórico-cultural da nosa terra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recollido o 2009-11-25 23:05:31


Procurar no Blogomillo

Axuda

Introduce palabras chave para buscar nas anotacións de tódolos blogues do blogomillo.

Actualmente indexamos mais de 600.000 anotaciós.

Que é iso do blogomillo?

Streaming

Axuda

Videos de interese sobre blogaliza, o blogomillo, e actualidade cultural, da Rede, e dos peixes que hai nela. Tamén dende este espazo faremos retransmisións en directo -streaming- que serán anunciadas con antelación.

as aulas e o despacho, de SonCine en Vimeo.

Hoxe ás 20:30 en directo dende aqui, a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, dende Vigo. Se non podes ver a carta de axuste, temos axuda. Máis en blogaliza.tv

Soportais

Axuda

A equipa editora da Blogaliza selecciona diariamente artigos especializados en varios eidos da creación cultural galega.

En cada un dos Soportais atoparás novas, opinión, rexistros multimedia e conversa das redes sociais.

Comezamos co das letras, pero en breve outros virán sobre cine, música...

letras.blogaliza.org

Esta é a sección da Blogaliza dedicada integralmente á literatura. Nela podes atopar as anotacións dos blogues literarios do Blogomillo, noticias, vídeos, eventos, convocatorias e escritores e escritoras da Blogaliza.

Na Ágora periodicamente unha persoa do mundo das letras asinará unha proposta para o coloquio.

Na Tertulia ofrécese unha relación das intervencións recollidas en Twitter e Lareta que conteñen a cadea 'literatura galega'.

Ler mais sobre letras.

arquivo.blogaliza.org

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vivamus nisi elit, nonummy id, facilisis non, blandit ac, dolor. Mauris sed nulla quis nisi interdum tempor. Mauris et dolor. Class aptent taciti sociosqu ad litora torquent per conubia nostra, per inceptos hymenaeos. Vestibulum ante ipsum primis in faucibus orci luctus et ultrices posuere cubilia Curae; Suspendisse

Ler mais no arquivo.

Tes ideas?

Seguimos escoitando as opinións dos usuarios e de toda a comunidade. As propostas pódense enviar a propostas(na)blogaliza.org. Novas seccións, novas funcionalidades, novos plugins...

Colabora ca BGZ!

Login

Axuda

Introduce o teu nome de usuario e a tua contrasinal para editar o teu blogue, comprobar os comentarios, chíar na Blogaliza social ou acceder aos outros servizos especiais.

Se non tes unha conta, podes crear unha na ligazón "Rexístrate".

ENTRAR