PELETEIRO - TGM ARZÚA: 79 - 67
Encontro correspondente á novena xornada da nacional masculina de baloncesto disputado no polideportivo do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago.
TGM Arzúa puxo en bandexa a vitoria a un Peleteiro santiagués que aproveitou os agasallos dos arzuáns para sentenciar con un espectacular terceiro cuarto (39 21).
Os arzuáns sobrepuxéronse a un 9-0 inicial, e non tardaron en sumar rendas de dez puntos ó seu favor durante o ecuador do segundo cuarto (18-28). Aínda así, dez puntos consecutivos de Koke Rama nos instantes previos ó descanso permitiron ós santiagueses irse ós vestiarios a tan só 4 puntos dos de Arzúa (32-36).
Pero, por difícil que resulte, os arzuáns encaixaron 39 puntos durante o terceiro cuarto, curiosamente ningún deles dun Koke Rama que pasou no banco os momentos decisivos dos santiagueses.
Non se pode restar méritos ó equipo de Fran Varela, sobre todo por aproveitar a defensa zonal para sentenciar ó rival a base de triplas (cinco durante o terceiro cuarto), pero non cabe dúbida de que as 19 perdas de balón dos arzuáns, boa parte das cales supuxeron anotación do rival en contraataque, sentenciaron ás opcións do equipo dirixido por Jorge Puñal.
E como case sempre que hai dous colexiados santiagueses de por medio, o equipo de Arzúa amosouse indignado coa actuación dos colexiados. Pode que por momentos non lles faltaran motivos, pero non foron nin moito menos suficientes.
ANOTADORES:
PELETEIRO: 79 (15+17+39+8): Raviña (-), Dani (9), Koke (16), Fer (26), Soriano (-), c. i., Xulio (1), David Pazo (16), Ditano (2), Patiño (8), Rodríguez (1) e David Pérez (-).
TGM ARZÚA: 67 (21+15+21+10): Alfonso (13), Kike (4), David (12), Jorge (15), Pablo (18), c. i., Tato (5), Óscar (-), Xosé Andrés (-) e Miguel (-).
Arbitraron David Seoane e Xesús Penas, de Santiago. Sinalaron 25 faltas ó equipo local, resultando elmiminados Xulio Maside e Koke Rama, e 25 faltas e dúas técnicas ós arzuáns, resultando eliminados Alfonso Castro e David Fernández.
PROXIMA XORNADA: TGM Arzúa recibe o sábado, a partir das 18.30 horas, ó Basket Coruña no municipal do Cruceiro.
Agárdase para entón a volta de Manu Rodríguez. Non cabe dúbida de que a ausencia do anotador arzuán engadido o mal momento de xogo polo que está a pasar Óscar González restaron moitos enteiros ó TGM Arzúa en Santiago.
Recollido o 2009-11-15 18:21:51
Procurar no Blogomillo
Axuda
Introduce palabras chave para buscar nas anotacións de tódolos blogues do blogomillo.
Actualmente indexamos mais de 600.000 anotaciós.
Que é iso do blogomillo?
Streaming
Axuda
Videos de interese sobre blogaliza, o blogomillo, e actualidade cultural, da Rede, e dos peixes que hai nela. Tamén dende este espazo faremos retransmisións en directo -streaming- que serán anunciadas con antelación.
as aulas e o despacho, de SonCine en Vimeo.
Hoxe ás 20:30 en directo dende aqui, a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, dende Vigo. Se non podes ver a carta de axuste, temos axuda. Máis en blogaliza.tvEstatisticas>/span>
Estes foron os blogues máis visitados onte:- renovarobng.blogaliza.org
- bretemas.blogaliza.org
- feijoomente.blogaliza.org
- blogaliza.org
- odemo.blogaliza.org
- cantaresdecego.blogaliza.org
- otraveseiro.blogaliza.org
- pardoplanas.blogaliza.org
Podes consultar máis números do sistema, e do blogomillo.A praza da verdura
Axuda
Este bloque recolle a actividade etiquetada coma #blogaliza ou #bgz en varias redes sociais de microbloguexo:
Para participar na conversa, terás que te rexistrar nalgún deses servizos.
A listaxe actualízase ao recargar a páxina.
Chuza! Cultura
Axuda
As novas da categoría "cultura libre" publicadas en Chuza.org recóllense aquí.
Facendo clique en calquera delas podes ler a entrada de Chuza! e os comentarios da mesma.
Actualizado cada 5 minutos.
Soportais
Axuda
A equipa editora da Blogaliza selecciona diariamente artigos especializados en varios eidos da creación cultural galega.
En cada un dos Soportais atoparás novas, opinión, rexistros multimedia e conversa das redes sociais.
Comezamos co das letras, pero en breve outros virán sobre cine, música...
letras.blogaliza.org
Esta é a sección da Blogaliza dedicada integralmente á literatura. Nela podes atopar as anotacións dos blogues literarios do Blogomillo, noticias, vídeos, eventos, convocatorias e escritores e escritoras da Blogaliza.
Na Ágora periodicamente unha persoa do mundo das letras asinará unha proposta para o coloquio.
Na Tertulia ofrécese unha relación das intervencións recollidas en Twitter e Lareta que conteñen a cadea 'literatura galega'.
Ler mais sobre letras.
arquivo.blogaliza.org
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vivamus nisi elit, nonummy id, facilisis non, blandit ac, dolor. Mauris sed nulla quis nisi interdum tempor. Mauris et dolor. Class aptent taciti sociosqu ad litora torquent per conubia nostra, per inceptos hymenaeos. Vestibulum ante ipsum primis in faucibus orci luctus et ultrices posuere cubilia Curae; Suspendisse
Ler mais no arquivo.
Tes ideas?
Seguimos escoitando as opinións dos usuarios e de toda a comunidade. As propostas pódense enviar a propostas(na)blogaliza.org. Novas seccións, novas funcionalidades, novos plugins...
Colabora ca BGZ!