blogaliza anóvase!

A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.

Novidades?

  • Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables.
  • Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!!
  • Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar…
  • Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos.
  • O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos.
  • As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías…
  • Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man.
  • Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios.
  • Empregamos a tradución oficial.

Nestes días, mentres andamos a argallar nunha nova portada para blogaliza, incorporamos o «Precisas axuda?» a todas as páxinas do sitio (públicas e privadas), para poder botar unha man. Se precisas algo, danos un toque.

E mentres vas probando as novidades, o vídeo oficial de presentación:

Os comentarios están pechados.